ESPECTÁCULO Dobre Sesión: A PROPÓSITO DE WILLIAM + LÁ
Thu Oct 15, 2026 from 08:30 PM to 11:00 PM
Timezone : Europe/Madrid
Santiago de Compostela, Saint-Jacques-de-Compostelle, Espagne
ESPECTÁCULO Dobre Sesión:  A PROPÓSITO DE WILLIAM + LÁ
About
A PROPÓSITO DE WILLIAM - Improversados (Galicia)
 
Chegan novas dende Elsinor, o parecer algo cheira podre en Dinamarca.... Sobrevivir a unha matanza é duro, pero moito máis se despois che toca contala. Os cómicos de Hamlet e o pobre Horacio saen de Elsinore co trauma no corpo e a necesidade de atopar un novo traballo facendo o que mellor saben facer: encarnar as historias tal e como as tería escrito o seu finado dramaturgo, un tal William, que quedou na corte co resto dos cadáveres.
A compañía compostelana Improversados, despois de encarar con este formato a última edición das Improversións do CDG, veñen para crear historias no estilo de Shakespeare, coa súa característica esencia musical, como estaba escrito no destino da compañía.
 
Elenco: Víctor Castro, Pedro Placer, Diego Salgado , Antía Vidal
Duración: 75 minutos Idioma: galego
 
LÁ - Coqueluje Teatro de Improviso (Brasil)
 
Cada persoa leva consigo unha cidade secreta, unha rúa que existe só na memoria, unha illa nacida dunha emoción. Partindo destas memorias, os actores atravesan fronteiras invisibles para transformar os seus corpos en lugares, construíndo xeografías vivas e cambiantes que respiran, falan e se reinventan ante os ollos do espectador.
Un espectáculo inspirado na poética de “As cidades invisibles” de Italo Calvino, LÁ sitúase na fronteira entre o real e o imposible, creando territorios que non seguen mapas, senón os contornos da imaxinación. Cada función é única, cada persoa, un continente enteiro esperando ser descuberto. Un espectáculo que convida ao público a viaxar dende o asento, recoñecendo que, ás veces, o territorio máis vasto que se pode visitar é o que levamos dentro.
 
Elenco: Bella Marcatti e Marco Goçalves
Duración: 60 minutos Idioma: português
 
Read more
Tickets
Date and place
Thu Oct 15, 2026 from 08:30 PM to 11:00 PM
Timezone : Europe/Madrid
Add to my calendar
2026-10-15 20:30:00 2026-10-15 23:00:00 Europe/Madrid ESPECTÁCULO Dobre Sesión: A PROPÓSITO DE WILLIAM + LÁ Reservations on : https://www.billetweb.fr/espect-culo-dobre-sesion-a-prop-sito-de-william-l -- A PROPÓSITO DE WILLIAM - Improversados (Galicia)   Chegan novas dende Elsinor, o parecer algo cheira podre en Dinamarca.... Sobrevivir a unha matanza é duro, pero moito máis se despois che toca contala. Os cómicos de Hamlet e o pobre Horacio saen de Elsinore co trauma no corpo e a necesidade de atopar un novo traballo facendo o que mellor saben facer: encarnar as historias tal e como as tería escrito o seu finado dramaturgo, un tal William, que quedou na corte co resto dos cadáveres. A compañía compostelana Improversados, despois de encarar con este formato a última edición das Improversións do CDG, veñen para crear historias no estilo de Shakespeare, coa súa característica esencia musical, como estaba escrito no destino da compañía.   Elenco: Víctor Castro, Pedro Placer, Diego Salgado , Antía Vidal Duración: 75 minutos Idioma: galego   LÁ - Coqueluje Teatro de Improviso (Brasil)   Cada persoa leva consigo unha cidade secreta, unha rúa que existe só na memoria, unha illa nacida dunha … Santiago de Compostela, Saint-Jacques-de-Compostelle, Espagne Festival Imperdible
Festival Imperdible