Unha proposta de impro performativa, onde o teatro, a música, a iluminación, a danza e a manipulación de obxectos, a proxeción de video e a plasticidade xogan nun espazo misterioso, un lugar para descubrir, onde o son, as luces e as sombras, son as protagonistas. Oscilando entre o abstracto e o concreto, este long form é un mapa de coordenadas e códigos grupais, un xogo de pistas que circula arredor dun tema proposto polo público.
As integrantes do laboratorio de investigación escénica dirixido pola Compañía Kancaneo exploran as posibilidades escénicas da impro máis alá do que estamos afeitos a ver.
Direción: Kancaneo Teatro
Elenco: Paula Quintas, Arturo Cobas, Martin Blanco, Carlota Rosón, Alfredo Muíños, Gala Martínez, Paula Pier, Marcâo Gonçalves, Bella Marcatti.
Duración: 50 minutos. Idioma: multilingüe