Este formato creado por Miguel Canalejo e Antía Vidal explora o xénero do thriller rural mediante a improvisación. É ademais unha pesquisa artística sobre como a ficción constrúe as nosas identidades, unha homenaxe ao xénero policíaco e un convite a repensar os seus límites. Un crime que interpela á nosa comprensión da realidade e cuestiona aquilo que damos por sentado.
Este espectáculo é a presentación final dun laboratorio de investigación teatral improvisado impartido por Antía Vidal e Miguel Canalejo
Direción: Antía Vidal e Miguel Canalejo
Elenco: Marta Doviro, Adela Bértolo, Diego Salgado, Tone Martínez, Pedro Longarela, Antía Costas, Sergio Agra, Pablo Grande, Paulette, Uxía, Christian e Mariña Improdutivas.
Duración: 75 min
Idioma: galego