Santiago de Compostela, Saint-Jacques-de-Compostelle, Espagne
About
Que teñen en común a cultura do hip hop e a tradición galega da regueifa? Neste obradoiro de improvisación viaxaremos desde a tradición ata a eternidade a través da regueifa e a súa intersección con outros xéneros coma o rap. Aprenderemos sobre rima, ritmo, melodías, versos e psicodinámicas da literatura de tradición oral, para persoas de 6 a 100 anos. A regueifa está na mesa!
Neste obradoiro de tres horas con Alba María, practicaremos a regueifa, un xénero de improvisación oral que ten a súa orixe no rito de reparto do pan nos banquetes dos casamentos. Un diálogo improvisado, en verso e cantado, convertido en espectáculo a través da rima e da retranca.
Poderás asistir ao obradoiro REGUEIFA, con Alba María, o sábado 17 de 16:00 a 19:00.
Onde vai ser o curso?
Aínda estamos pechando o espazo no que se vai celebrar.
Todo o Festival vai ser en galego?
Non, a nosa comunicación sí vai ser sempre en galego, pero os obradoiros (talleres) son en castelán, e os espectáculos a maioría en castelán (aínda que hai algún en galego).
2026-10-17 16:00:002026-10-17 19:00:00Europe/MadridOBRADOIRO 8: Regueifa, con Alba MaríaReservations on : https://www.billetweb.fr/obradoiro-8-regueifa-con-alba-maria
--
Que teñen en común a cultura do hip hop e a tradición galega da regueifa? Neste obradoiro de improvisación viaxaremos desde a tradición ata a eternidade a través da regueifa e a súa intersección con outros xéneros coma o rap. Aprenderemos sobre rima, ritmo, melodías, versos e psicodinámicas da literatura de tradición oral, para persoas de 6 a 100 anos. A regueifa está na mesa!
Neste obradoiro de tres horas con Alba María, practicaremos a regueifa, un xénero de improvisación oral que ten a súa orixe no rito de reparto do pan nos banquetes dos casamentos. Un diálogo improvisado, en verso e cantado, convertido en espectáculo a través da rima e da retranca.
Santiago de Compostela, Saint-Jacques-de-Compostelle, EspagneFestival Imperdible