As moralidades son pezas dramáticas medievais de carácter pedagóxico nas que un personaxe se atopa dividido entre o ben e o mal. Xeralmente presentan personaxes alegóricos ou fantásticos que simbolizan diversas ideas e valores.
Neste obradoiro de tres horas, con Miguel Canalejo, inspirarémonos na imaxinaría medieval, para empregar pares de conceptos opostos, e improvisar escenas nas que un personaxe se enfronta a unha elección entre o ben e o mal. Despois actualizaremos estas escenas a un contexto máis contemporáneo, incorporando temas e debates éticos actuais.