Unhas fadas chamadas Teimas (polo teimudas e
perseverantes que son), utilizan a súa maxia para cumprir os desexos das persoas que se lles achegan. O público esceibe nun papel aquilo que máis ansía e ao introdúceo no “caldeiro das fadas”. Despois, as Teimas irán escollendo ao azar eses desexos que serán convertidos en escenas en clave de humor, de xeito totalmente improvisado. Os conxuros en forma de impro lanzaranse ao universo para que se cumpran...ou non! Quen sabe? O certo é que as risas estarán aseguradas.
O foramto máis divertido, riquiño e participativo das Teimas chega por primeira vez ao concello de Ames nesta programación expandida do Festival Imperdible.
Elenco: Susana Sampedro, Marta Doviro, Sheyla Fariña
Duración: 65 minutos Idioma: galego